Búsqueda avanzada
Buscar
 

Entra en BiblioEteca...

Disfruta de todo el potencial de biblioEteca entrando con tu usuario...

 

IDEOLOXIA E DISTORSION: ENSAIO SOBRE O IMAXINARIO IDEOLOXICO


AUTOR: ; ND
 
 
  • Portada de IDEOLOXIA E DISTORSION: ENSAIO SOBRE O IMAXINARIO IDEOLOXICO

    9788483021453

 
Compartir: Compartir con un amigo de biblioeteca Compartir por email Compartir en Facebook Compartir Twitter Compartir en Tuenti Capturar código QR Añadir RSS

Sinópsis del libro:

  • Desde que Destutt de Tracy acuñara en 1796 o termo idéologie para referirse a unha nova ciencia das ideas, o seu dominio dilatouse considerablemente converténdose nunha referencia que se vai da filosofía á socioloxía, da historia á politoloxía e ás ciencias da comunicación. Esta universalización do concepto deu, co tempo, na súa desubstantivación, e a severa advertencia de F. Mauther de que ?a palabra baleira é a máis usada? confirmouse tamén no caso da ?ideoloxía?. Paradoxalmente, o baleiramento conceptual de ideoloxía debeuse moi principalmente á súa riqueza de significados e complexidade. ?Ideoloxía?, ao igual que ?cultura?, ofrece un catálogo de infinitas definicións que desafían o seu inventario exhaustivo e que o abocan ?por exceso? ao fracaso. Francisco Sampedro fuxiu da estéril inventariación e prefiriu analizar o concepto de ideoloxía partindo da episteme do século XX que inauguran Marx, Nietzsche e Freud. Sampedro recoñece os dous grandes usos do concepto de ideoloxía: un descritivo (a visión valorativa do mundo e as súas formas de conciencia correlativa) e un pexorativo (a falsa conciencia, o conxunto de representacións distorsionadas dunha realidade determinada) e delimita a súa polisemia consonte a tres elementos: a lexitimación, a alternancia entre consciente/inconsciente e a proxección social. Como reza no título da obra, Sampedro, sen desatender a acepción descritiva, fixa a súa atención na ideoloxía en tanto que nos ofrece a apariencia en distorsión dunha realidade, enmascarando a mesma realidade que pretende representar. Distorsión que opera en cinco liñas de forza: a conversión dos xuízos de valor en xuízos de feito; a racionalización dos intereses de dominación; o carácter especulativo, a súa cousificación e ahistoricidade; e a mudanza do ?cultural? en ?natural? coa imposición de evidencias incuestionables. Con estes presupostos, Ideoloxía e distorsión entrégase a análise das orixes do termo, na primeiriza ?idoloxía? de Bacon, na crítica ilustrada dos prexuízos e na obra de Destutt de Tracy, como un suxerente preámbulo do estudio das teorías conservadoras (Sorel, Pareto e Nietzsche). Na coidada lectura de Marx salienta Sampedro a súa crítica da especulación e tamén a xénese materialista da inversión e a esculca dos efectos da dominación. Re

    Idioma: CASTELLANO

 
 

Clasificador

Según nuestros usuarios

RIGUROSO
Riguroso

Determina lo preciso o impreciso que es este libro con respecto a lo que se cuenta en el mismo. 0 significa que es completamente impreciso y 10 que cuenta es rigurosamente verídico

Más información
DIVERTIDO
Divertido

Determina lo divertido que te ha resultado el libro: 0-aburrido 10-muy divertido

Más información
COMPLEJO
Complejo

Determinamos lo complejo que nos ha resultado la lectura del libro. Desde el nivel más bajo, que indica que es un texto secillo de comprender hasta el valor máximo que indica que es complejo de comprender

Más información
SORPRENDE
Sorprende

Indica lo sorprendente que resulta el argumento del libro, desde 0: previsible hasta 10: totalmente desconcertante y sorprendente

Más información
 
 

Etiquetas de otros usuarios

Así han etiquetado este libro más usuarios

Así han etiquetado otros usuarios este libro. Si ves acertada su elección puedes añadir la etiqueta con un simple clic a tus etiquetas

 
Publicidad
 
 

Comentarios de los lectores

 
 
 

Yo Leo

Información para lectores

Anillo de blogs

¿Tienes un blog?

Paga si te gusta

La forma de pago del futuro...

BiblioEtecarios

Ayudanos con los libros

Yo Escribo

Si eres autor, descubre más...

Ayuda

Todo lo que puedes hacer en la web
C/ Parque Bujaruelo, 37, 1C.
28924 Alcorcón (Madrid)
Tel/Fax : 91 288 73 76
E-mail : [email protected]

BiblioEteca en Google Plus BiblioEteca en Rss

 
Copyright © 2021 BiblioEteca Technologies SL - Todos los derechos reservados