Búsqueda avanzada
Buscar
 

Entra en BiblioEteca...

Disfruta de todo el potencial de biblioEteca entrando con tu usuario...

 

CANDO EN CAIA


AUTOR: ; ND
 
 
  • Portada de CANDO EN CAIA

    9788483022603

 
Compartir: Compartir con un amigo de biblioeteca Compartir por email Compartir en Facebook Compartir Twitter Compartir en Tuenti Capturar código QR Añadir RSS

Sinópsis del libro:

  • Entre nós e Ramón Sampedro hai catro ducias de poemas. Estes poemas son como pasais dun río. Pedras que deixan pasar a corrente, o alboroto da vida, e que nos unen de beira a beira, se é que somos quen de cruzalos. Non é doado. O pé trema ante primeiro pear coma se fora pousar no gume dunha navalla. ¡Co ben que se pasaría o río por unha ponte de formigón! Pero apoiamos no primeiro pasal, asentamos no primeiro poema, e comezamos a sentir a vertixe dese pasadoiro como un transtorno seductor. ¿Será iso o que dicía Proust cando escribía «non teñas medo a ir en demasía lonxe porque a verdade aínda está máis lonxe»? Damos un brinco ao outro pasal. Xa non hai volta atrás. Alí está Ramón Sampedro cun lapis nos dentes. Non tivo medo en ir ao país da verdade. A Terra do Demasiado Lonxe. Hai textos que nos falan desde a profundidade da vida. Detéctanse como fai o zahorí coa auga preciosa: por un tremor do pulso. Xa nada é o mesmo despois de lelos. Notamos que a persoa que os escribiu fíxoo cun alfabeto que aniña como maquis, fonemas feridos e libertarios nas covas dos alveolos. Quen nos fala é o código morse da lanterna do corazón. Quen nos fala é O Que Non Minte. Esta escrita do cerne, para a que naceu o nome de poema, dase moi raramente. Hai uns cantos textos que marcan a historia da Humanidade como fíos dese tapiz trascendente que o doutor Nóvoa Santos chamaba a "Realidade Intelixente". A ese orde, a ese raro tapiz tecido pola liberdade e a verdade, pertencen estes poemas. Están feitos con esa luz, un céltico lampexo verde no lusco e fusco, que cambia a mirada. Entre a incomprensión ruidosa e un humanitarismo mal entendido, Ramón Sampedro fai renacer o humanitarismo, acobillado nunha illa de melancolía e liberdade. Ramón Sampedro conservaba a autodisciplina dun mecánico naval no barco varado do seu cuarto de enfermo sen remedio. Bocaescribía tódalas mañás polo menos tres horas, orientando a grafía coa punta dos seus beizos. Os seus poemas recollidos en Cando eu caia pertencen xa ao mellor enxoval da humanidade. Como as primeiras cunchas apañadas nas costas da fin da terra polo neno libre cando saíu do berce.

    Idioma: GALLEGO

 
 

Clasificador

Según nuestros usuarios

RIGUROSO
Riguroso

Determina lo preciso o impreciso que es este libro con respecto a lo que se cuenta en el mismo. 0 significa que es completamente impreciso y 10 que cuenta es rigurosamente verídico

Más información
DIVERTIDO
Divertido

Determina lo divertido que te ha resultado el libro: 0-aburrido 10-muy divertido

Más información
COMPLEJO
Complejo

Determinamos lo complejo que nos ha resultado la lectura del libro. Desde el nivel más bajo, que indica que es un texto secillo de comprender hasta el valor máximo que indica que es complejo de comprender

Más información
SORPRENDE
Sorprende

Indica lo sorprendente que resulta el argumento del libro, desde 0: previsible hasta 10: totalmente desconcertante y sorprendente

Más información
 
 

Etiquetas de otros usuarios

Así han etiquetado este libro más usuarios

Así han etiquetado otros usuarios este libro. Si ves acertada su elección puedes añadir la etiqueta con un simple clic a tus etiquetas

 
Publicidad
 
 

Comentarios de los lectores

 
 
 

Yo Leo

Información para lectores

Anillo de blogs

¿Tienes un blog?

Paga si te gusta

La forma de pago del futuro...

BiblioEtecarios

Ayudanos con los libros

Yo Escribo

Si eres autor, descubre más...

Ayuda

Todo lo que puedes hacer en la web
C/ Parque Bujaruelo, 37, 1C.
28924 Alcorcón (Madrid)
Tel/Fax : 91 288 73 76
E-mail : [email protected]

BiblioEteca en Google Plus BiblioEteca en Rss

 
Copyright © 2021 BiblioEteca Technologies SL - Todos los derechos reservados