<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: A IDEA DA NACION]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/a-idea-da-nacion]]></link>
<description><![CDATA[A Idea de nación dá conta da pluralidade de interpretacións realizadas sobre a construcción nacional en moi variados contextos históricos: a Revolución francesa, cando analiza a conceptualización que da nación e a soberanía fixeron E. J. Sieyès e os teóricos xacobinos como M. Robespierre; o protonacionalismo alemán, no que se repara a propósito da filosofía da historia e do estado de J. G. Fitche, ou nas variadas tradicións galeguistas que se expresaron desde mediados do século XIX. Un segundo nicho da reflexión da obra de R.Máiz é a elaboración dun modelo constructivista para a análise dos aspectos políticos e ideolóxicos da mobilización nacionalista. Este marco interpretativo concrétase no estudio de tres autores referenciais do nacionalismo galego: Aureliano Pereira e a súa síntese política do republicanismo federal e o rexionalismo; Manuel Murguía e a súa formulación protonacionalista de inspiración liberal; e Daniel Afonso Castelao, do que se fai unha aquelada interpretación do seu pensamento a través da lectura crítica de Sempre en Galicia, a súa obra fundamental. Autores que ben lle serven a R.Máiz para sinalar as continuidades, rupturas e variacións que se expresaron na construcción de Galicia como nación, desque se comezou a facer problema de si mesma no ensaio e na acción política.]]></description>
<lastBuildDate>Tue, 01 Sep 2026 23:37:23 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
