<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/o-corazon-do-xastre]]></link>
<description><![CDATA[
Cal é o son do corazón? E por que latexa? O vello xastre vaino descubrir grazas a unha viaxe e nós grazas a este emocionante álbum de Txabi Arnal.
O autor vasco, neste segundo traballo con OQO editora, regresa para contarnos a historia deste xastre que sente un baleiro inmenso dentro do peito. E como a vida regalada de palacio non llo enche, un día foxe da súa gaiola dourada.
Mais como ía imaxinar el, que o mundo andaba tan esfarrapado! Hai pobreza, desastres naturais, guerras… O vello xastre ten moito que zurcir e remendar! Só ten nobelos de fío, agullas de varios grosores e unhas vellas tesoiras, pero alí onde chega, acaba coas penas.
E como nos recantos do camiño vai deixando amigos, cada vez que marcha dun lugar, o noso protagonista ata a punta do nobelo e vai soltando fío a medida que se afasta. Así, todos os sitios visitados van quedando conectados polo fío, e deixa trazada a ruta para cando decida volver.
Pero non será ata a derradeira ilustración, xa sobre un mapa, cando os lectores descubramos o verdadeiro significado da súa viaxe. E a encargada de revelarnos este segredo vai ser Cecilia Varela.
A ilustradora, de orixe arxentina, aínda que establecida desde hai anos en México, estréase con este álbum en OQO editora. En palabras da artista, un certo pouso de melancolía caracteriza o seu traballo, e as súas técnicas favoritas á hora de ilustrar son o acrílico e o lapis sobre papel.
As imaxes, unhas veces reforzan o que o texto di, e outras desvelan aquilo que cala. E así debe ser, na súa opinión, para que o lector se mergulle alternativamente en calquera dos dous universos posibles.
En O corazón do xastre son moitos os detalles que paga a pena comentar. O primeiro, a figura deste entrañable protagonista. Reparade nel! Non vos recorda o seu corpo… a un nobelo de fío? E que hai do chapeu, será un sombreiro ou un dedal?
A sensibilidade de Cecilia Varela brota nos sitios máis inesperados. Humaniza os elementos da natureza, coma o Sol e a Lúa, que desde o alto, nos sorrín ou nos miran asombrados. Tampouco lle pasan desapercibidos eses pequenos xestos dos animais: o can que mira de esguello, o peixe que salta querendo morder o fío… e que encerran tanta tenrura.
Ademais, nunca coma aquí, as ventás foron tan impo]]></description>
<lastBuildDate>Tue, 01 Sep 2026 09:55:19 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>
</channel>
</rss>