<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/ernesto-bo-dia]]></link>
<description><![CDATA[
Aquel domingo, Ernesto estaba convidado a merendar na casa da súa noiva Henriqueta. A cita era ás seis, nin un minuto antes, nin un minuto despois. Ernesto saíu da casa nunha tarde soleada, mentres Henriqueta, a irmá, a nai, o pai e a avoa preparaban a merenda. Levantouse unha brisa, caeron unhas pingas, choveu e ventou… mentres a familia da noiva, desacougada, non deixaba de mirar o reloxo porque Ernesto non daba chegado.
Contido e linguaxe accesibles para os primeiros lectores, e ademais unhas ilustracións moi expresivas, en complicidade perfecta coa narración. Imaxes concibidas para que non perdamos de vista o que acontece nos dous ambientes en que se desenvolve a historia: a rúa e o interior da casa de Henriqueta.
Unha divertida historia na que o protagonista, seguindo a máxima do avó —ao mal tempo boa cara—, non perde o ánimo nin nos momentos máis críticos; un comportamento que induce a pensar que hai que mirar o horizonte e afrontar as dificultades con tenacidade e confianza.
O final, con desenlace feliz, reforza o optimismo, que xa de seu, desprende este álbum.
Texto de José Campanari
Ilustracións de João Vaz de Carvalho
Tradución do castelán de Sara Monda
]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 31 Aug 2026 17:45:40 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>
</channel>
</rss>