<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/croco]]></link>
<description><![CDATA[
Os cativos aprenden case sen ter conciencia da evolución propia. Croco, a pesar de que aínda é pequeno, reflicte certa madurez porque é quen de afrontar as súas necesidades e trata de actuar con independencia.
Croco morría de fame, pero mamá crocodila tiña que vixiar o niño. No niño había un ovo e no ovo… un irmán. Croco marchou disposto a cazar só, pero aínda era algo pequeno e non estaba afeito a ter que buscar a súa merenda.
O ciclo da vida, o crecemento e o nacemento dun irmán supón para el enfrontarse a novas esixencias e dalgún xeito, esta nova situación fará que rompa con certos vínculos familiares e gañe autonomía.
En calquera caso, o nacemento dun irmán é algo fermoso que supón máis vantaxes que inconvenientes. Por iso, os temores do pequeno quedan totalmente diluídos cando entende que non precisa rivalizar polo afecto.
Unha historia sinxela, narrada con musicalidade e recreada con ilustracións tenras e coloristas. Unhas imaxes cómplices que permiten que nos acheguemos aos sentimentos e emocións do protagonista.
Texto de Roberto Aliaga
Ilustracións de Minako Chiba
Tradución do castelán de Laura Rubio
]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 31 Aug 2026 14:51:23 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>
</channel>
</rss>