<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/a-tartaruga-que-queria-durmir]]></link>
<description><![CDATA[
A tartaruga ten moito sono e vai durmir o inverno todo. Cando xa está na cama, despois de cumprir co ritual para ir durmir (cepillar os dentes, poñer o camisón, acomodar as sabas…), alguén chama á porta. Son os seus amigos, que van chegando con agasallos (un pucho, una torta de pera, una manta…) para acompañala antes do longo período de sono que lle agarda. A amizade é importante e a tartaruga agradece as atencións, pero cada vez ten máis sono e o único que quere é que a deixen tranquila para poder durmir…
O medo á noite, á escuridade, ou o desacougo no momento de durmir resultan moi comúns durante a infancia. Por iso, cómpre que os nenos se identifiquen con personaxes que viven estas experiencias con tranquilidade, e desta maneira, se decaten de que o descanso e o silencio son necesarios.
Do punto de vista formal, a historia está construída a partir de rimas, repeticións, enumeracións, e cunha linguaxe sinxela, que funciona moi ben cos máis pequenos. O xogo de onomatopeas, reforzado pola ilustración, dálle un ton lúdico á narración e marca un ritmo no que os oíntes poden participar. A historia tamén se pode seguir perfectamente a través das ilustracións, cheas de tenrura e humor, e co estilo propio e as texturas inconfundibles de Alessandra Cimatoribus. Abofé que a simpática tartaruga e os seus amigos conquistarán axiña o lector, polo seu carácter amable e a súa forza expresiva.
En definitiva, un álbum para que reforcemos hábitos saudables e para que completemos o ritual de ir para a cama, cun conto, xusto antes de que nos venza o sono.
Texto de Roberto Aliaga
Ilustracións de Alessandra Cimatoribus
Tradución do castelán Marisa Núñez
]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 31 Aug 2026 13:07:19 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>
</channel>
</rss>