<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: A RIBEIRA SACRA]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/a-ribeira-sacra]]></link>
<description><![CDATA[Esta guía práctica da Ribeira Sacra descóbrelle ao visitante os encantos que esta bisbarra conservou ao longo dos séculos. O amplo territorio da Ribeira Sacra, situado no corazón de Galicia, está recollido aquí de forma exhaustiva. Os ríos Miño e Sil son os protagonistas para o viaxeiro. No seu lento fluír discorren escoltados polos profundos e grandioso canóns que marcan a fisionomía desta terra. A tradición dos viñedos e os seus excelentes viños; os mosteiros e as igrexas, testemuñas do esplendor medieval; a potencia da súa natureza e as súas especies; a profundidade e fermosura das súas fragas de carballos e castiñeiros; os seus engaiolantes sendeiros; os seus pazos; as súas reitorais; e mesmo o seu acougo..., todo está recollido e documentado nesta guía práctica escrita por <strong>Manuel Garrido</strong>. Excursións, consellos, turismo rural, rutas, arte, historia, cultura, todo tipo de información práctica, mapas e fotografías abren esta guía ao visitante para mostrarlle unha das zonas máis fermosas do país.]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 31 Aug 2026 19:18:14 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
