<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: A CASA DE HABÍA UNHA VEZ]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/a-casa-de-habia-unha-vez]]></link>
<description><![CDATA[<p align="justify">¿Quen no coñece aínda o conto do soldadiño de chumbo ou da Carapuchiña vernella? En A casa de había unha vez", Ana María Fernández e o ilustrador Enjamio convídannos a realizar unha viaxe ó eterno mundo dos contos a través duns poemas nos que se entrecruzan dragóns e leóns, trasniños, raíñas e princesas, fadas encantadas e ras enmeigadas: Ó soldadiño de chumbo dóelle o pé de correr de guerra en guerra ó coxilipé. A princesiña do tupé está co seu zapato de tacón tomando un canapé coas damas no salón. No bosque encantando dos tres regatiños bailaban a polca os sete ananiños. A rata do lindo bigote, meteu os fociños no fondo do pote. O xastre, que era valente, enfadouse de repente e matou dunha patada sete moscas descaradas.Vinteoito poemas que piden ser recitados en voz alta para descubri-la música dos contos de sempre," que ningún neno nin ningunha nena quererán deixar de escoitar. <br />]]></description>
<lastBuildDate>Tue, 01 Sep 2026 14:20:55 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
