<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: TERRORISTA]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/terrorista0]]></link>
<description><![CDATA[" <em>Terrorista</em> " , a primeira obra en galego de <strong>John Updike</strong>, é a historia de Ahmad Ashmawy Mulloy, un mozo de dezaoito anos que vive en New Prospect, unha antiga vila industrial do estado de Nova Jersey. Fillo de nai irlandesa-americana e de pai exipcio, que os abandona cando non tiña mais que tres anos, Ahmad non soubo nunca atopar o seu lugar na sociedade na que vive. Furioso coa súa nai, por non ter conseguido manter unida a familia, adopta aos once anos a fe do pai, o islam, refuxiándose na influencia do xeque Rashid, o imán da mesquita da Rúa West Main. A pesar de contar cun grande potencial para os estudos, como lle recorda Jack Levy, o orientador do seu instituto, un xudeo renegado e infeliz que o aconsella ingresar na Universidade, decide obter o carné de condutor de camións para comezar a traballar de transportista, como lle recomenda o imán. É así como lle chega a proposta clave da súa vida: facer estourar un camión cargado con catro toneladas de dinamita nun dos principais tuneis de Nova York. Para Ahmad esta é unha misión elevada que o afastaría da superficialidade e o materialismo da cultura norteamericana que aborrece, un acto suicida que lle permitiría dar a vida por Alá.]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 23 Sep 2026 03:31:27 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
