<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: QUEN MATOU A INMACULADA DE SILVA?]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/quen-matou-a-inmaculada-de-silva%3F]]></link>
<description><![CDATA[Etelvina de Silva, orfa de nacemento, educada en Madrid dende moi nova polo seu tío Alberte, durante o curso escolar e o verán que pasou en Brétema, na casa das súas tres tías avoas, descubre a súa vocación literaria. Axudada pola súa curmá Catara e por Juancho, un compañeiro do instituto con ansias de artista do que se namora, acometerá unha investigación no seu pasado familiar, que a levará a tratar de averiguar que sucedeu realmente aquela noite na casa familiar da Braña, onde hai tres décadas morreron Antón do Cañote, un fuxido, un loitador sen esperanza, e Inmaculada de Silva, unha antepasada, unha beleza, unha cazadora de primeira, a quen todos din que ela moito imita. Tras esta experiencia, Etel sabe que será escritora, a súa maneira de deixar unha pegada do seu paso polo mundo, ao tempo que se decata de que na literatura como no amor sempre hai cabos soltos.]]></description>
<lastBuildDate>Tue, 22 Sep 2026 11:29:24 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
