<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: AS MASCARAS DE CRONOS]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/as-mascaras-de-cronos]]></link>
<description><![CDATA[<em>As máscaras de Cronos</em> reúne a poesía de <strong>Ramón Caride</strong> entre 1994 e 2005. Un volume que inclúe os libros éditos <em>Cerne das labaredas (1994), Flor no deserto (1995), e Xeografías do sal (1999) e os libros inéditos Diacrónica (2002), Addenda (2002-2005),</em> ademais dun epílogo do brasileiro A. Soares de Moura. Para <strong>Xosé Lois García</strong>, prologuista do libro, “estamos diante de cinco rexistro moi ben parcelados que nos dan a dimensión dunha poesía innovadora e do seu autor, quen con anterioridade a este poemarios, xa producira outros tres na década dos oitenta. Estamos, por tanto, ante un poeta que polo seu peso creativo xa ten trascendido, apostando por unha solvente e prestixiosa obra poética, onde mostra unha gran diversidade de rexistros que avalan todas as percepcións que nela se manifestan”. As mascaras de Cronos alerta sobre a importancia da obra dun poeta que para o crítico Vicente Araguas constitúe “unha rosa, digámolo, tan exiquisita como irregular, con vocación lírica e épica, compatible cunha dedicación narrativa que ten acadado importantes metas e galardóns”. Unha poesía definida por Manuel María como “aberta á vida e ao mundo, nunha visión totalizadora e non monográfica. Coido que a poesía de Caride é semellante ao orballo que, ao caer manseliñamente sobre nós, dá a impresión de que non molla pero, cando nos decatamos, estamos humedecidos deica os ósos”.]]></description>
<lastBuildDate>Tue, 01 Sep 2026 15:01:31 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
