<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: CHAMABASE, LUIS]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/chamabase%2C-luis]]></link>
<description><![CDATA[<p align="justify">Luís, trinta anos, dous fillos de trece e oito anos. Drogadicto dende os vinte, vivía sen traballar a costa da familia e do que sacaba en arrepañar no alleo. Luís é un ser humano que se consome, fráxil coma un vidro. A súa familia é arrastrada na mesma desesperación, sempre entre o amor e a impotencia, a rabia e a resignación. <br />Facer dunha vida «crónica dunha morte anunciada» tampouco depende por forza do suxeito marcado. Chamábase Luis, de Marina Mayoral, novela editada en 1989 dentro da colección «Crónica» e reeditado en sete ocasións e agora recuperada para «Fóra de Xogo», pode se-lo caleidoscopio dos reflexos dunha vida pendente da adicción á heroína con tódolos seus ingredientes, incluíndo mesmo o último castigo, a presencia da sida. Nove testemuños a falar, desde a súa propia óptica, sobre Luís ou sobre si mesmos. Todos víctimas dun dos maiores dramas do noso tempo. <br />]]></description>
<lastBuildDate>Tue, 22 Sep 2026 11:29:21 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
