<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: PERIGO VEXETAL (9ªED.)]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/perigo-vexetal-%289ed.%29]]></link>
<description><![CDATA[É unha novela clásica de aventuras ambientada no ano 2075, entre Galicia, Arxentina e Suiza. Dous irmáns orfos, Sheila e Said, de 10 e 12 anos respectivamente,póñense en contacto cos " rapaces do pasado " para contarlles unha extraordinaria aventura. Viven nun muiño da parroquia de Loreda e descobren, gracias á rede informática universal, un plano para domina-lo mundo, e loitarán ó longo de toda a novela para contrarrestalo. Escrita alternativamente en primeira persoa por cada un dos protagonistas, axiña descubriremos que a existencia dunha nova planta alimenticia, o supercereal SC-1, obtido por manipulación xenética, vai se-lo eixo de toda a trama. Un supercereal creado por procedementos biotecnolóxicos que está deseñado para substituir outras plantas como o trigo, o centeo, o millo ou o arroz que eran, ata daquela, a base da alimentación humana. Ó redor desta noticia comezan a aparecer novas informacións que os alertarán sobre unha posible ameaza.]]></description>
<lastBuildDate>Tue, 01 Sep 2026 11:40:12 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
