<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: ELEXIAS DE LUZ]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/elexias-de-luz]]></link>
<description><![CDATA[<strong>María Victoria Moreno </strong>(1941-2005) foi unha escritora de amplísima cultura literaria. A súa relación coa poesía era moi fonda. Xa en 1973 elaborou a antoloxía Os novísimos da poesía galega. Sentíase fascinada pola poesía e era quen de transmitir esa paixón recitando poemas de corrido. E aínda que escribiu poesía no ámbito da literatura infantil é moito menos coñecido que a súa vocación lírica a levase a legarnos este libro, escrito nos últimos anos: Elexías de luz, que agora publicamos postumamente, revisado por Xavier Senín. A última parte («Dous folios que foron brancos») é o poemario en que María Victoria estaba a traballar antes da súa morte e por iso se quixo conservalo tal e como ela o deixou. Elexías de luz é unha faceta máis da rica personalidade desta galega que permanecerá para sempre no noso recordo, unha muller que se namorou da lingua e a cultura galegas, coas que mantivo unha fermosa historia de amor, como ela mesma o definiu.]]></description>
<lastBuildDate>Tue, 01 Sep 2026 02:26:32 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
