<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: EU CONTO, TI CANTAS...]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/eu-conto%2C-ti-cantas...]]></link>
<description><![CDATA[Este libro de María Victoria Moreno reúne tres contos de animais escritos en verso e ilustrados por Manolo Uhía: "Xa non teño medo", "Can branco, can negro" e "¿Un cachiño de bica?". Xan vive nunha cidade e ten medo cando se vai deitar; grazas a unha chorumiña comprobará que no ceo sae a lúa e florece o sosego na terra escura. Nicolau é un canciño que foi recibido por todos con aloumiños e festas, mentres que Correcamiños naceu na beiravía da estrada; ambos os dous un bo día xuntaranse nun arrabalde perdido e unirán para sempre o seu destino. Iván coida a Nica, unha cadela ben xeitosa, á que moito lle gosta os cachiños de bica. Tres contos para todos os nenos e nenas de sete anos en diante que buscan o amor nos olliños doces de mel dun can de bondadosas orellas. <br />]]></description>
<lastBuildDate>Tue, 01 Sep 2026 01:06:04 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
