<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: VINTE MIL PESOS CRIME]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/vinte-mil-pesos-crime]]></link>
<description><![CDATA[Vinte mil pesos crime de <strong>Bernardino Graña</strong>, editada orixinalmente en 1962, considerouse como unha obra fundamental no conxunto das obras teatrais da época. Nela cómpre salientar dous elementos fundamentais: conforma, por unha banda, unha mostra do traballo artístico que se facía en plena ditadura franquista desde unha perspectiva rehabilitadora nun contexto ofegante para as nosas letras e, pola outra, sobrancéase a calidade inherente a da obra, que a converte nun texto de enorme interese. Vinte mil pesos crime, a mellor obra dramática de Bernardino Graña, conxuga o reflexo dunha sociedade pechada cara ao exterior cunha cosmovisión raiana ao nihilismo, empregando técnicas homologables ao contexto teatral europeo da época. A presente edición, preparada por Heitor Mera, vai precedida dun amplo estudo biográfico sobre o autor e sobre o contexto do teatro galego da época.]]></description>
<lastBuildDate>Tue, 22 Sep 2026 06:22:37 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
