<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: SOLIMAN (PREMIO RUBIA BARCIA-CIDADE DE FERROL 2003)]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/soliman-%28premio-rubia-barcia-cidade-de-ferrol-2003%29]]></link>
<description><![CDATA[“<em>Solimán</em>” relata, cunha ollada irónica e tenra, as vidas dos rapaces que medraron a cabalo dos setenta e dos oitenta, adictos á súa memoria nun presente mellor pero menos emocionante. Nesta novela de <strong>Xesús Fraga</strong>, gañadora do <em>Premio Rubia Barcia-Cidade de Ferrol 2003</em>, rememóranse as vidas de dous mozos de trinta anos, Álvaro e Román, que eran nenos cando aconteceu o 23-F. A infancia de ambos os dous está ligada á de Lucía, unha nena coa que tanto compartiron arredor dun ciprés, no patio das casas baratas na vila de Untia, espazo literario que lle é propio ao autor. Flaubert dixo que chega un momentos nas relacións amorosas en que a persoa amada xa non está connosco. Tamén chega un momento na amizade en que as persoas se preguntan por que o amigo continúa a ser amigo. Solimán enfróntase á actitude dunha persoa que se decata de que o único que mantén viva unha amizade son as lembranzas. Unha emotiva novela sobre a memoria da infancia próxima escrita con grande elegancia e paixón.]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 02 Sep 2026 00:57:42 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
