<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: POLAROID (7ª ED.)]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/polaroid-%287-ed.%29]]></link>
<description><![CDATA[<p><a id=indice name=indice>Un rapaz de pantalón vaqueiro e cazadora de nailon negra vén camiñando do lado esquerdo, trae as mans nos petos da cazadora. A vella achégase ao rapaz cego, el ensínalle os números que ten. O rapaz da cazadora negra pasa xunta deles, pégalle un arrempuxón á vella e tíraa enriba do cego, colle a radiocasete e bota a correr. O de bigote cruza detrás do rapaz por entre os coches aparcados tras del. O rapaz corre. A muller do paraugas encarnado ponlle a cambadela e o rapaz cae coa radiocasete. O de bigote tírase enriba del. Do café sae correndo o camareiro coa bandexa, axúdalle ao de bigote, teñen collido o rapaz entre os dous, cada un por unha man.</font></a>]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 31 Aug 2026 12:33:18 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
