<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: A MEMORIA DO CARBALLIÑO (ALBUM DE POSTAIS)]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/a-memoria-do-carballino-%28album-de-postais%29]]></link>
<description><![CDATA[O presente álbum sobre <em>a memoria gráfica do Carballiño</em> -preparado, como os restantes volumes da serie, por <strong>Carlos Díaz Martínez</strong>- iníciase a principios do século XX coas temáticas que definen as características sociais e económicas da vila: a presencia do Balneario, a condición da vila de encrucillada de vías de comunicación e de centro comercial da comarca. Estes puntos de interese deixaron entre 1900 e 1936 unha valiosa produción de postais de gran relevancia e calidade de edición. A importancia da vila do Carballiño amósase pola inclusión de numerosos exemplares da famosa serie xeral do editor e impresor de Madrid, a casa fototipia Hauser y Menet. Deste período cómpre resaltar a importancia de dúas iniciativas locais: a serie coa temática da vila, do editor Andrés Fernández e a serie de publicidade do Balneario. Por razóns da orixe histórica do Carballiño, no presente álbum inclúense a serie de Oseira (1925), do fotógrafo barcelonés L. Roisin. Iniciativa editorial do propio Mosteiro para dar a coñecer o valor deste patrimonio monumental. O volume complétase con outras tarxetas postais editadas pasada a Guerra Civil, das que teñen especial interese a publicada por Paisajes Españoles de Madrid que inclúe a curiosidade de fotografías áereas, tema moi novidoso naqueles tempos. Ademais do case centenar de postais, fotografías, gravados, mapas e marcas filatélicas, o volume inclúe o ensaio literario de Felipe Senén, «O Carballiño, porta dos ribeiros (parada e fonda)», onde o autor glosa fermosamente a historia da súa vila bañada polo río Arenteiro. Senén reconstrúe os aconteceres do Carballiño, dende os primeiros vestixios castrexos, a encrucillada de camiños medieval, a escola popular dos ilustrados, ata a memoria gráfica máis contemporánea. O amplo estudo do prologuista detense tamén na]]></description>
<lastBuildDate>Tue, 01 Sep 2026 09:53:28 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
