<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: GUIA DE ECOLOXIA COTIA]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/guia-de-ecoloxia-cotia]]></link>
<description><![CDATA[A presente guía é o resultado do traballo desenvolvido polo seu autor nos últimos sete anos en diferentes programas de educación ambiental e desde a súa responsabilidade neste eido en ADEGA. A súa finalidade é a de achegar ideas ao debate sobre o modelo de sustentabilidade, especialmente no referido ao ámbito do consumo e á ecoloxía doméstica, así como divulgar prácticas que incidan en actitudes e comportamentos coherentes coas ideas defendidas. O actual modelo de sociedade de consumo comeza a dar síntomas de esgotamento, sendo cada vez máis frecuentes as mostras de insustentabilidade. A crise ambiental preséntase logo como unha oportunidade e suscita un apaixonante reto colectivo e individual. A guía non só pretende presentar unha presa de receitas máxicas para facer máis verde o día a día, senón tamén provocar a reflexión sobre a relación co medio reflectida nas actuacións como consumidoras e consumidores, para despois presenta algunhas iniciativas que faciliten a redución do impacto ambiental. <br />]]></description>
<lastBuildDate>Tue, 01 Sep 2026 21:51:14 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
