<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/a-cabra-boba]]></link>
<description><![CDATA[
Despois de buscar e buscar por toda a aldea, Miguel atopou a súa cabra subida no tellado. «Pensará que é un catavento?, ou unha cheminea?, ou quizais un gato?», preguntábase Miguel. E coa axuda dunhas flores, un libro de contos e unha presada de sal (o sal gústalles ás cabras máis que os xeados aos nenos), a cabra boba regresou ao seu lugar.
Cóntanos o autor, lembrando a súa infancia, que nas casas do lugar había dúas ou tres cabras. Polas mañás, cando os nenos ían á escola, levaban as cabras canda eles e deixábanas co cabreiro na praza. O cabreiro ía para o monte e os nenos para a escola.
Ao acabar o día, os cativos recollían as súas cabras —aínda que, algunha volvía soa para o curral. Así, a cabra regresaba co bandullo cheo, preparada para dar leite, e os nenos coa cabeza tamén chea, mais de cousas que aprenderan na escola.
A cabra boba —ou lista, segundo se mire— deste conto nace do coñecemento e da observación do mundo rural, e constitúe unha fórmula indirecta para se achegar e comprender a cara fantástica da realidade.
A cabra de Miguel xa non está co cabreiro. Se cadra, marchou para o curral… Miguel búscaa por todas partes, e atópaa nun lugar inesperado. A aventura termina dun xeito cómico e sorprendente que desvela a ilustración.
Mediante recursos esenciais da narración oral (onomatopeas, diálogos, repeticións…), Pep Bruno crea unha historia ideal para contárllela aos máis pequenos antes de durmiren. Un conto co texto imprescindible, e que ten un valioso apoio no poder narrativo da secuencia visual.
Roger Olmos preséntanos imaxes con perspectivas moi eficaces para guiaren a acción e clarificaren conceptos espaciais determinantes no ritmo da narración. Os debuxos, dinámicos e caricaturescos, destilan comicidade e información estimulante para a imaxinación, e converten A cabra boba nun libro que conecta igualmente con lectores doutras idades.
Texto de Pep Bruno
Ilustracións de Roger Olmos
Tradución do castelán de Antón Fortes
]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 31 Aug 2026 14:54:32 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>
</channel>
</rss>