<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/a-cousa-que-mais-doe-do-mundo]]></link>
<description><![CDATA[
A lebre e a hiena conversan, nunha xeira de pesca, sobre asuntos cotiáns. «A mentira é a cousa que máis doe do mundo», di a lebre; e a hiena bota a rir. Para demostrarllo, a lebre elaborará, na porta de palacio, un «pastel» moi especial que vai provocar a cólera do rei; logo, coa complicidade das moscas, expertas en ca…case todo tipo de cheiros, buscarán entre os animais, o culpable de semellante obra.
A hipótese que formula a lebre, «o que máis doe do mundo é a mentira», ficará demostrada nun relato fantástico e divertido que provocará no lector, ademais dalgunha gargallada, a reflexión e unha resposta emocional.
Durante séculos, en moitos poboados de África, os contos cumprían unha función similar a dunha primeira escola. Segundo a súa orixe, as historias posúen un estilo propio, e os contos tradicionais africanos caracterízanse por presentaren un contido simbólico, e por atesouraren coñecementos e sabedoría ancestral. Adoito, expóñense neles meditacións cosmolóxicas e filosóficas sobre a vida, lémbranse valores esquecidos, ou como neste caso, trátase de educar os individuos transmitíndolles unha ensinanza. A hiena, que encarna aquí o carácter hipócrita e ruín dalgúns seres humanos, experimentará na súa pel o amargo sabor da mentira.
O ilustrador Roger Olmos complementa este divertido exercicio de escritura con personaxes expresivos, hiperbólicos e cargados de humor. Trazo preciso e seguro, é canto necesita para presentarnos a súa visión persoal dunha historia que, nos aproxima á palabra, ao pensamento e á herdanza cultural da Costa de Marfil.
Mención WHITE RAVEN (Internationale Jugend Bibliotek de Munich) entre os álbums máis fermosos do mundo 2006
PREMI LLIBRETER 2006 ao MELLOR ÁLBUM ILUSTRADO
Texto de Paco Liván, a partir dun conto popular da Costa de Marfil
Ilustracións de Roger Olmos
]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 31 Aug 2026 15:26:10 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>
</channel>
</rss>