<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: GALEGO DE ASTURIAS: DELIMITACION, CARACTERIZACION E SITUACION SOCIOLINGÜISTICA (2 VOLS.)]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/galego-de-asturias%3A-delimitacion%2C-caracterizacion-e-situacion-sociolinguistica-%282-vols.%29]]></link>
<description><![CDATA[Este libro foi presentado como tese de doutoramento en 1994 na Universidade de Santiago de Compostela. A versión agora publicada arrequentouse con referencias bibliográficas, así como con novos datos, textos literarios e outros aspectos de interese. A obra aborda por primeira vez o estudio dun xeito global de tódalas falas nadas na chamada Terra Navia?Eo. Delimítase primeiramente a fronteira entre o galego e o asturiano para establecer máis tarde, despois da descrición de diferentes fenómenos lingüísticos, distintas áreas dialectais en relación co galego común. O feito de ser esta unha zona xeográfica situada fóra dos límites da comunidade autónoma de Galicia ten condicionado o proceso de normalización da lingua no medio escolar, nos cultos, na administración, etc. Tales aspectos desenvólvense no capítulo reservado á situación sociolingüística. Os textos de carácter etnográfico e literario escolmados no segundo volume constitúen un bo complemento para coñecermos en toda a súa dimensión a cultura occidental do Principado.]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 31 Aug 2026 10:58:13 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
