<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/manda-narices%21]]></link>
<description><![CDATA[
Tres irmás reciben en herdanza unha ola e unha culler. Ao remexeren, aparecen tres obxectos con poderes máxicos. A máis pequena pretende usar o seu para coñecer un príncipe famoso pola súa beleza. Como ademais de aposto, resulta ser un home ruín, narcisista e vaidoso, con trampas e enganos, consegue humillar a rapaza e apodérase do legado das tres. Mais fronte a adversidade, as cativas botan man do seu enxeño para darlle ao príncipe un bo escarmento.
Manda narices!narra as divertidas peripecias de tres irmás, que non pararán ata lle dar o seu merecido ao príncipe trampulleiro. A personaxe da máis cativa, malia a súa inocencia inicial, preséntase cun espírito inconformista e perspicaz, e por se isto fose pouco, conta coa solidariedade das irmás e cos obxectos máxicos herdados do pai. O devir dos acontecementos dará lugar a unha serie de escenas suxestivas e teatrais, nas que o príncipe acabará por ser vítima da astucia da rapaza.
Da combinación dunha variante quebequesa de remota orixe europea, con outras versións alemás, xorde esta historia, cun ritmo sintético e eficaz, e na que se acentúa o suspense nos momentos culminantes da obra.
A proposta de ilustración parte de figuras tridimensionais, que traduce a bidimensionais por medio do colaxe. Deste xeito, Iván Prieto ofrece a súa propia interpretación do texto, unha segunda lectura que enriquece o álbum cun universo de matices.
Con Manda narices!,o artista ourensán fai a súa entrada no mundo da ilustración, despois de máis de oito anos de creación plástica no eido da pintura e a escultura.
Texto de Paco Liván, a partir dun conto popular canadense
Ilustracións Iván Prieto
]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 31 Aug 2026 16:02:13 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>
</channel>
</rss>