<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: F.M.: A CANCION DO PIRATA]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/f.m.%3A-a-cancion-do-pirata]]></link>
<description><![CDATA[`F.M.´ é unha selección de artigos e colaboracións publicados ao longo de tres anos en xornais e revistas por Suso de Toro. Os textos seleccionados versan nada menos que sobre arte, literatura, medios de comunicación, a vida que vivimos, o país que habitamos e todas esas cousas. O discurso fragmentado e diverso compón a sintonía continua deste emisor, Suso de Toro. Un emisor que neste libro aparece case desposuído do filtro da ironía. Persisten o sarcasmo e a dolor como instrumentos de interpretación do que nos rodea, unha interpretación que se basea nun programa ético e estético. Así mesmo, o libro pode ser visto como guía de interpretación da obra narrativa deste autor, ou como lanterna que a alumee dunha nova luz. Constitúe, así mesmo, a reflexión e un certo balance dun período que o autor rubrica cunha despedida.]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 31 Aug 2026 13:08:48 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
