<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: COELLIÑA MARCELA]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/coellina-marcela]]></link>
<description><![CDATA[...Os coellos brancos andaban sempre moi ergueitos e miraban de fronte cara adiante e , pola contra, os coellos negros andaban coa cabeza gacha mirando cara ao chan. Esa era a razón pola que os coellos brancos e os coellos negros nunca cruzaban as súas miradas... Marcela é unha coelliña distinta aos demais habitantes da súa comunidade. Non só polo seu ollo birollo, que lle tapan cuns anteollos afumados, senón porque non se adapta ás normas establecidas e por iso un día escapa. O seu seguinte destino é un poboado de coellos negros e brancos que funciona ao revés do seu lugar de procedencia. Mais no fondo, &#147;todo era o mesmo: uns bebían a auga limpa e os outros a auga sucia, uns comían a herba fresca, e outros a herba seca, uns pisaban e os outros eran pisados&#148;, reflexiona Marcela con amargura. Esta fábula, escrita en 1979, aborda cuestións como a educación en igualdade, o respecto polas diferenzas, a tolerancia e a convivencia entre culturas, razas e crenzas. A súa protagonista é rebelde, ousada e nada convencional; rexeita as inxustizas e procura a felicidade, fiel aos seus ideais.]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 21 Sep 2026 01:20:31 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
