<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: COS PES NO AIRE (I PREMIO DE LITERATURA INFANTIL RAIÑA LUPA 1998)]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/cos-pes-no-aire-%28i-premio-de-literatura-infantil-raina-lupa-1998%29]]></link>
<description><![CDATA[Cos pés no aire é unha novela breve que recolle a historia de Daniel,  un oficinista que leva unha vida monótona e gris. Un día, de xeito casual, descobre que pode elevarse polo aire con só desexalo intensamente. Temeroso de que outras persoas descubran o seu segredo, Daniel vese forzado a modificar todos os seus hábitos. Pero o cambio maior virá cando descubra que non é el só quen ten esa estraña cualidade. Velaquí unha narración onde se abordan as dificultades que algunhas persoas teñen polo feito de vivir nunha sociedade que exclúe o que non considera normal. Deste xeito, Cos pés no aire é unha lúcida e suxerente parábola, na que latexa unha loanza da diferencia e unha invitación á autoestima. Un libro que, coma O Principiño ou outros títulos senlleiros, se dirixe a todas as persoas, sen distinción de idades. O libro, de edición moi coidada e formato singular, foi ilustrado por Miguelanxo Prado, que utiliza uns encadres orixinalísimos empregando unha técnica que lembra os seus mellores traballos.]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 31 Aug 2026 23:37:13 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
