<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: PENSAMENTOS IMPUROS]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/pensamentos-impuros]]></link>
<description><![CDATA[<em>Pensamentos impuros</em> inscríbese na tendencia literaria daqueles autores que non só afir-man ter dificultades para distinguir entre ficción e realidade, senón que cuestionan o dominio da vixilia sobre o soño e sosteñen que non paga a pena diferenciar entre soños, memoria e imaxi-nación.<br />Esta obra de Borrazás, tan inclasificable como o fora O desintegrista, coa cal establece pun-tos de contacto ben visibles, sitúase á mantenta nun territorio que semella cotián e inmediato, de xeito que os seus personaxes poderían confundirse con calquera lector ou lectora, se non nos afastamos dunhas determinadas coordenadas socioculturais.<br />Desde o seu punzante e intelixente estilo habitual, <strong>Xurxo Borrazás</strong> crea en Pensamentos impuros un remuíño de creación onde as augas da reflexión, da cotianidade, da literatura e da vida se dan a man. Cun estilo ameno, desenfadado e que capta o interese dos lectores, Pensa-mentos impuros remítenos a ese Borrazás intelixente e cheo de talento.<br />A voz principal de Pensamentos impuros (quizais unha voz dobre) pode reflexionar e ser crí-tica, pero non modificar substancialmente as poderosas forzas que actúan sobre nós e recom-poñen unha e outra vez o escenario gobal a conveniencia.]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 21 Sep 2026 06:30:56 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
