<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: O PAZO BALEIRO]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/o-pazo-baleiro]]></link>
<description><![CDATA[A Nicolás anóxao a escola pero pásao fenomenal cando visita seu Tío Delio, que é reloxeiro e vive nun vello vagón de tren, que el mesmo amañou. Alí, tío e sobriño consultan libros e pasan os mellores momentos observando o curioso mecanismo dos reloxos e a engrenaxe das súas diferentes pezas. Un día, na caixa dun reloxo antigo, descobren un antigo cofre que contén unhas cartas de amor &#65533;que fan referencia a desavinzas familiares, herdos e a un obxecto misterioso&#65533;, un pano cunhas iniciais bordadas que envolve unha presa de xoais e unhas moedas antigas. Daquela deciden investigar. Para iso conta con Ramiro, Sol e Társila, os amigos de Nicolás. As esculcas levaranos a contactar cun anticuario da cidade e despois cunha señora pertencente a unha familia nobre que era a propietaria dun pazo deshabitado de Eiravela, de onde inicialmente procede o reloxo. Todos os catro acodirán ao pazo nunha misión un tanto arriscada, pero chea de sorpresas.<br />Xabier P. Docampo en O Pazo Baleiro deixa albiscar a súa afección pola literatura de aventuras cando eses catro amigos tratan de desenredar xuntos un misterio da aldea onde viven e que se remonta a tempos moi afastados. Docampo retrata con eses catro nenos catro universos diferentes: a rapaza tímida, a valente, o neno independente e o honesto, catro calidades coas que os rapaces conseguirán o que se propoñen. Pero aínda hai algo máis. Amais dunha historia de aventuras tamén o é de solidariedade, de comprensión e de respecto á diferencia pois o misterio comézao Delio, que é o retrato dun ser marxinal, extravagante, incomprendido, pero apaixonado polo seu traballo e cómplice co seu sobriño, a quen lle demostra que o importante é actuar como un pensa.<br />En O Pazo Baleiro, como nas mellores novelas de aventuras, o lector ou a lectora sente que hai algo prohibido. Unha novela de corte clásico que de seguro ha cumprir un dos desexos do autor. &#65533;Gústame pensar que para cada libro que escribo existe alguén a quen lle gusta lelo&#65533;.]]></description>
<lastBuildDate>Tue, 01 Sep 2026 20:38:01 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
