<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: ELIANA EN ARDENTIA OU BERNARDO DESTEMPLADO]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/eliana-en-ardentia-ou-bernardo-destemplado]]></link>
<description><![CDATA[Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado a traxicomedia de Roberto Salgueiro González foi merecedora do Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro 2000. Bernardo, fillo do señor de Terzi, pretende determinar a lonxitude, capacidade e masa do amor; a preocupación central do seu pensamento. Coñecedor profundo dos tratados do amor cortés, nunca experimentou ese curioso sentimento que o leva a ruar pola Verona do Renacemento co desexo de poñer fin a súa procura desesperada. A doncela Eliana, a filla de Rucellai, encar-ga a experta Rosalía o arranxo do seu xardín do Príncipe co desexo de seducir a Bernardo, o seu amor idolatrado. A ardente Eliana pretende aprender a palabra exacta para falar con Bernardo lendo os versos clásicos de Virxilio, Cátulo, anque prefire as historias do seu contemporáneo Bocaccio.Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado é unha divertidísima traxicomedia de amores ridículos; unha irónica reflexión sobre os límites entre o amor literario, ideal e perfecto, e o amor mundano que acalma a ardentía voraz dos corpos. O amor é un asunto divertido que ocupa bibliotecas, materia poética que arriquece literaturas.]]></description>
<lastBuildDate>Sun, 15 Nov 2026 03:46:50 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
