<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: FLANAGAN SO FLANAGAN]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/flanagan-so-flanagan]]></link>
<description><![CDATA[Flanagan pensa que se converteu nun fuxitivo desque rompeu con Branca. Aparentemente, despois dun ano saíndo xuntos, aquela ruptura fora suave, civilizada, incolora, inodora e insípida. Flanagan pensa que un detective coma Deus manda non ten porque ter parella. Un detective de verdade ten que namorarse volcanicamente dalgunha moza, e mellor se ó final resulta que é a culpable do caso que está investigando. Iso si que dá pé a despedidas interesantes. Andreu Martín (1949) -psicólogo, guionista de cómics, coñecido autor de novela negra- e Jaume Ribera (1953) -licenciado en Ciencias da Información e traductor, tamén guionista de cómics e autor de novela negra- iniciaron a súa fecunda relación na creación e andanzas de Flanagan coa publicación de No pidas sardina fuera de temporada (Premio Nacional de Literatura Juvenil, 1989). Na colección «Fóra de Xogo», e dentro da saga de Flanagan, publicaron Flanagan de luxe (1994), Alfagann é Flanagan (1996), Flanagan Blues Band (1996), Flanagan 007 (1998) e Flanagan, só Flanagan (2000). Ninguén sabe como o fan. Preguntados pola súa forma de traballar, aseguran que un escribe as vocais e o outro as consoantes.]]></description>
<lastBuildDate>Tue, 01 Sep 2026 06:50:51 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
