<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: CHIRLOSMIRLOS: ENCICLOPEDIA DOS XOGOS POPULARES]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/chirlosmirlos%3A-enciclopedia-dos-xogos-populares]]></link>
<description><![CDATA[Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares, resultado dun labor de investigación e de organización realizado a.o longo de varios anos, reune máis de catrocentos xogos, coas súas variantes e con propostas de adaptación ou anovación nalgúns dos casos.Xogos de correr ou de agochar; xogos de grupos e de equipos; xogos de roda; xogos con pelota; xogos das lombas; xogos das bólas ou con peón; xogos das tabas, coios e dados; xogos de lanzar ou de espetar; xogos da billarda; xogos da chapa; xogos da goma, da corda ou con aros; xogos para xogar no colo cos máis cativos; e un bo repertorio de cancións para choutar á corda.Chirlosmirlos é un libro de divulgación para estender e relembrar a arte de xogar. Con ser esta unha obra de alto contido etnográfico, de recolleita histórica, está concebida cun criterio eminentemente práctico e de fácil comprensión, para o seu uso no ámbito familiar, así como en centros escolares, asociacións, colonias, campamentos, ou nas actividades dos concellos.Esta enciclopedia contén numerosas ilustración explicativas de cada xogo; e tamén as partituras de moitas das cancións, producto dunha laboriosa transcrición musical.]]></description>
<lastBuildDate>Tue, 01 Sep 2026 21:27:16 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
