<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: CONTOS COLORADOS: NARRACIONS EROTICAS DA TRADICION ORAL GALEGA]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/contos-colorados%3A-narracions-eroticas-da-tradicion-oral-galega]]></link>
<description><![CDATA[Estes Contos colorados son unha mostra ampla, seria, competente e representativa das narracións eróticas da tradición oral de Galicia. Douscentos noventos contos, a maioría deles moi breves, dos considerados popularmente como de amores, rubios, pilleirentos, pícaros, pillabáns, eróticos ou porno-inxenuos, xa que todos eles falan, insinúan ou inciden en materia sexual. Reelaboradas e coidadosamente anotadas, as narracións que aquí se presentan constitúen a variante total dos contos eróticos galegos que se foron aprendendo de boca a orella, de xeración en xeración, na longa viaxe dos séculos. Quen lea este volume verá desfilar páxina a páxina unha impresionante galería de maridos cornudos, curas putañeiros, acólitos e sancristáns luxoriosos, esposos cansos e pouco espilidos, casadas infieis, monxas lascivas, episodios de zoofilia, artes e enganos de amantes e queridos, descarnadas burlas de todo tipo de comportamentos sexuais, especialmente os dos cregos hipócritas que fan todo o contrario do que predican, pecados de luxuria de solteiros, casados e relixiosos con profesión de castidade, inocentes burlados, falsas virxes, fillas que burlan a severa vixilancia dos seus pais, contraseñas que abren portas e propician encontros secretos de amantes adúlteros e toda clase de trasegos eróticos; con distintas doses de atrevemento e ousadía pero case sempre nun ton de humor despreocupado e burlesco. Ós ollos de hoxe, unha alta porcentaxe destas narracións son machistas e en moitos casos retrógadas nas valoracións morais que transmiten; anque noutros casos poidan ser certeiramente críticas e cuestionen de arriba a abaixo os poderosos alicerces do estamento clerical; pero en definitiva veñen sendo a plasmación de cómo asume ou entende unha sociedade tradicional, hoxe en quebra, determinados valores.]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 02 Sep 2026 01:20:18 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
