<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: A IDEA DE NACION EN CASTELAO]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/a-idea-de-nacion-en-castelao]]></link>
<description><![CDATA[Ramón Máiz, catedrático de Ciencia Política na Universidade de Santiago, elabora en A idea de nación en Castelao un modelo para a análise dos aspectos políticos e ideolóxicos do nacionalismo en Castelao, facendo unha aquelada interpretación do seu pensamento a través dunha lectura crítica de Sempre en Galiza. Máiz afonda no pensamento político de Castelao a partir da súa primeira cerna: o concepto de Galicia como nación que vertebra o seu enteiro discurso en canto se postula como indeclinablemente nacionalista.Nesta breve monografía téntase dar conta dos elementos fundamentais cos que Castelao constrúe o concepto de nación, o ?núcleo duro? da cualificación nacionalitaria; de ordenar o peso interno relativo de cada un dos seus elementos e da súa articulación como momentos dunha formación discursiva nacionalista; a articulación do núcleo duro discursivo con elementos racionais de exclusión e identificación que contribúen dialecticamente e de xeito decisivo á fixación do concepto final de nación; e, finalmente, a articulación do anteiro na orde política: institucional (modelo de estado) e político estratéxico (pobo-nación, apoios, etc.).A idea de nación en Castelao constitúe unha das máis sólidas reflexións e investigacións sobre o pensamento político de Castelao, ó tempo que contribúe ó proceso de permanente edificación e reconstrucción interpretativa de Sempre en Galiza, libro-símbolo do proxecto político nacionalista galego.]]></description>
<lastBuildDate>Tue, 01 Sep 2026 23:44:32 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
