<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: LUMEFRIO]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/lumefrio]]></link>
<description><![CDATA[Coa conciencia definitiva e esmagadora do noso fracaso irreparábel, sento diante do teclado por última vez para gravar o informe final, que constará neste banco de datos, relativo ao chamado "Proxecto T". Anoto que, á beira da miña man dereita, repousan un paquete de tabaco, as chaves da miña casa á que non tornarei endexamais e un frasco con cápsulas de veleno, o máis fulminante que puiden achar nos depósitos de medicamentos deste centro. É difícil sobrevivir a unha soa cápsula, imposíbel a dúas; eu tomarei xuntas as cinco que restan no frasco para acelerar a fin á que non teño xeito de fuxir e que tampouco desexo agardar máis.]]></description>
<lastBuildDate>Tue, 01 Sep 2026 09:57:12 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
