<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: TALEGO]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/talego]]></link>
<description><![CDATA[Talego é unha novela que se desenvolve arredor do mundo das drogas e que pon en cuestión a imparcialidade do sistema xudicial.Cunha trama magníficamente construída, a novela consta de dúas partes. Na primeira desenvólvense os feitos que conducen á segunda, narrados cun estilo áxil e compacto en torno ó mundo da delincuencia. Na segunda parte a palabra poética cobra protagonismo, e a acción desenvólvese no cárcere, que é maxistralmente presentado desde dentro. Polas páxinas de Talego, e narrado nun rico argot carcerario, desfilan delincuentes, camellos, heroinómanos, presos, o mundo da cadea, as comisarías, os xulgados, e uns protagonistas que ven devalar as súas vidas ilusionadas e comprometidas dos anos 70 desde detrás das rellas dos cárceres dos 80.Talego, que afonda nunha visión urbana feroz e fermosamente brutal, descende a mundos sórdidos, grises e truculentos cunha linguaxe precisa, metálica e ferinte que non se esquece da poesía e que engaiola ó lector desde a primeira á última páxina.A novela, que ten o mérito de tirar infatigablemente do lector, tamén acerta no final e convirte a Xosé Ballesteros nun dos narradores novos máis interesantes da actualidade.]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 31 Aug 2026 13:51:13 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
