<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: DE PONDAL A NOVONEYRA: POESIA GALEGA POSTERIOR A GUERRA CIVIL (2ªED)]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/de-pondal-a-novoneyra%3A-poesia-galega-posterior-a-guerra-civil-%282ed%29]]></link>
<description><![CDATA[Eduardo Pondal (1835-1917) é certamente o noso primeiro poeta moderno. E aquí explícase en que consiste exactamente esa modernidade.Entre o autor de Queixumes dos pinos e a obra de Uxío Novoneyra (ou de X. L. Franco Grande, o último poeta que se  cita) vai un longo percorrido, unha afervoada viaxe que é, tamén, o esforzo de construcción (ou reconstrucción) da nosa identidade cultural e nacional.X. L. Méndez Ferrín ofrécenos neste estudio un ordenamento riguroso e sistemático da poesía galega dende a guerra civil á promoción de autores que publican os seus principais libros na década dos 60: a chamada xeración do 36 (María Mariño, Luís Seoane, Carballo Calero, Iglesia Alvariño, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Díaz Castro...), a Promoción de Enlace (Antón Tovar, Cuña Novás, Neira Vilas...), a Xeración das Festas Minervais (Manuel María, Xohana Torres, Salvador García-Bodaño, Alexandre Cribeiro...), poetas nacidos todos entre 1910 e 1940.Por riba de mimetismos provincianos, buscando sempre a raíz e a explicación profunda das cousas, o autor reivindica unha interpreetación autónoma da nosa literatura e dos nosos textos, froitos de amor e de esperanza compartida.]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 31 Aug 2026 06:00:34 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
