<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/caminantes%3A-un-itinerario-filosofico]]></link>
<description><![CDATA[Escrito coa clara conciencia do xardineiro que aspira a obter pequenos froitos, co mesmo valor do artesanal, este libro camiña cara ao que dende as orixes da filosofía foi o fin máis elevado para o home: a felicidade. Unha felicidade sostíbel, construída cos retallos fuxidíos dos momentos de dita.
Velaquí un libro que fala do home actual e do seu mundo. Da vida como camiño con encrucilladas. Encrucilladas que levan a filosofía actual a buscar na linguaxe unha nova forma de supervivencia. Unha modalidade de encontro no inestable conflito de interpretacións dos múltiples discursos sobre a realidade.
Camiñantes aborda os problemas derivados da globalización, a violencia e a soidade do home contemporáneo.
]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 31 Aug 2026 15:00:16 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>
</channel>
</rss>