<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: TROPICO DE CANCER]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/tropico-de-cancer0]]></link>
<description><![CDATA[<p align="justify">Como afirma o seu autor na primera páxina da novela, Trópico de cáncer "non é un libro, no significado común da palabra". <br /><br />Froito dunha estadía de varios anos da década de 1930 en París, Henry Miller (Nova York, 1891-Los Ángeles, 1980) escribiu a súa primeira obra cando, segundo confesión propia, logrou desprenderse de todo o que habitualmente se considera literatura. Lector voraz e impulsivo, empregado dunha compañía de telégrafos nos EUA, bohemio e vividor na Rive Gauche parisina, o escritor é un dos mitos da narrativa mundial. Ao ser lida, a súa obra produce un efecto semellante ao fluír da vida: orde a carón de caos, serenidade pero tamén desespero, espontaneidade xunto a reflexión, paz e loita, dor e gozo. <br />]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 21 Sep 2026 04:30:49 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
