<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: AS SETE MORTES DE LEOPOLDO PARDO (EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA E-BOOK)]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/as-sete-mortes-de-leopoldo-pardo-%28edicion-literaria---narrativa-e-book%29]]></link>
<description><![CDATA[Leopoldo Pardo -Leopardo-, ex-presidiario e antigo vixilante xurado, traballa agora na cidade de Auria como axente de seguros da compañía Nationale Switzerland. Un día recibe un encargo especial dun cliente extravagante: asegurar sete obxectos paradigmáticos da cultura galega entre os que están a máquina de escribir de Blanco Amor ou a caveira de Breogán. Os sete obxectos están asociados a sete contravalores que rexen a sociedade actual e Leopardo deberá documentar graficamente a existencia deses antivalores para cobrar as primas das pólizas. Unha tarefa considerada fácil en primeira instancia…<br />Bóveda ofrece, agora en Xerais Narrativa, o terceiro volume das andanzas do inefable Leopoldo Pardo, comezadas en "Asasinato no centro comercial" e continuadas en "A morte vén en chancletas".<br />«"As sete mortes de Leopoldo Pardo" é unha das mellores obras do autor ourensán, na que se conxugan a ironía, un pouso tolo de obras de Vicente Risco e Curros Enríquez, e unha análise revelada da putrefacción nos comportamentos sociais de hoxe en día.» (Herminio Espada Gómez)<br />«Unha revisión moderna do "Divino Sainete", unha homenaxe secreta á novela "Drácula", chea de simbolismos e chiscadelas a dúas culturas: a galega e a popular. En definitiva, outra xanela aberta nas letras galegas.» (Francisco Roque Brito)]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 23 Sep 2026 21:44:12 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
