<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/a-morte-ven-en-chancletas%3A-novos-problemas-para-leopardo-%28galician-edition%29]]></link>
<description><![CDATA[Sinopse
Leopoldo Pardo, alias Leopardo, antigo vixilante xurado de centro comercial e antigo presidiario, é levado pola súa esposa ao pazo de Ribada, a unha fermosa estancia de turismo rural como premio a ter recobrado a liberdade logo de ser declarado inocente.
Alí entrarán en contacto cun heteroxéneo grupo de persoas coas que vivirán a experiencia máis terrorífica e surrealista das súas vidas, alleos a que en calquera intre a morte pode chegar a eles vestida co primeiro que teña a man, digamos unhas chancletas.
Unha novela irónica, crítica e simbólica que quere homenaxear obras de Agatha Christie (Dez negriños) ou Edgar Allan Poe (Os crimes da rúe Morgue), baixo a peneira especial do autor; de fondo amor pola literatura e particular estilo.
Autor
Escritor e mestre de lingua inglesa no ensino público de Galicia. Destacan súas novelas A vila das ánimas, A habitación secreta, Divina de la muerte: asasinato no centro comercial e O sol do pasado.
Bóveda desexaría conxugar a transcendencia da literatura como arte cos matices interesantes e contextos que poden aportar xéneros populares como o policial, o terror ou a ficción científica. Que o consiga dirano os lectores e máis o tempo.
¿Que din deste libro?
A homenaxe tributada a A. Christie ou E. Allan Poe é evidente e Bóveda, que se manexa con habilidade no deseño de espazos sufocantes e dosifica con acerto as elucubracións e sospeitas precisas nunha proposta coma esta, sabe articular unha peza narrativa na que actualiza aquel esquema e, ademais, o singulariza a través de acaídas doses irónicas, por veces claramente humorísticas, incorporando unha crítica aberta á aculturización do noso tempo, sobre todo no que ten que ver coa ausencia das vantaxes que, sempre, proporciona a lectura.
Ramón Nicolás (publicado no suplemento Fugas en La Voz de Galicia)
]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 23 Sep 2026 21:46:07 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>
</channel>
</rss>