<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: A PENSION EVA]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/a-pension-eva]]></link>
<description><![CDATA[Un dos autores italianos de maior prestixio internacional é o siciliano <strong>Andrea Camilleri</strong>. Con<em> A pensión Eva</em>, Camilleri abandona temporalmente o seu aclamado personaxe do inspector Montalbano e entrega aos lectores e lectoras unha novela memorable sobre a infancia e a adolescencia na Sicilia da Segunda Guerra Mundial. Editorial Galaxia edita a novela en galego dentro da Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, que publica en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello de Santiago. <br />Durante os anos da Segunda Guerra Mundial, os cuartos da Pensión Eva, na vila siciliana de Vigatà, convértense en refuxio dos seus habitantes. Ademais, esa estraña "pensión" é unha presenza misteriosa para Nenè, un rapaz que, ata que logra penetrar na casa, non esperta á vida completamente. A pensión Eva é unha novela de iniciación á vida, á descuberta do sexo, do amor e da amizade nos tempos duros e sen esperanza da guerra. <br />Mentres homes e mulleres matan e morren, ao redor da Pensión Eva concéntrase a historia íntima do pobo siciliano. Unha historia que se personifica no espertar da curiosidade dun rapaz polo sexo e remata coa descuberta do amor, nun intento por entender o mundo e chegar a saber que é o que realmente importa. Un espazo prohibido, o da pensión, que esconde as fantasías eróticas e tamén as arelas dunha sociedade atormentada pola guerra e o fascismo. Camilleri sorprende cunha novela tenra que non evita certa crueldade, e que engaiola polos personaxes, moi próximos aos das películas de Fellini, nos que a aparente tolería agacha, en realidade, unha inmensa verdade. <br />]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 02 Sep 2026 00:55:00 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
