<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: BOS DÍAS GALEGOS : EIQUÍ SEMPRE EN GALIZA]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/bos-dias-galegos-%3A-eiqui-sempre-en-galiza]]></link>
<description><![CDATA[O primeiro programa de radio feito integramente en galego naceu en Montevideo, a capital do Uruguai, hai medio século. O obxectivo deste libro é achega-la historia dese proxecto radiofónico á terra que a inspirou.
"Lembro, sendo ben neno, que nas mañás dos domingos acordaba eu no leito con ese saúdo radiofónico, que alegremente repetía para min a miña nai mentres me abalaba para me escorrentar o demorado sono domingueiro.
Miña nai, sempre o fixo así, xa estaba ó tanto cando viña chegando a hora, escoitando Radio Carve a pouca voz. E xusto, xustiño cando comezaba a nosa emisión, bulía a lle dar todo o volume berrando ela tamén un ¡Bos días, galegos. Eiquí Sempre en Galicia! en resposta ao saúdo que nos chegaba do éter.
E naquela media hora (unha media hora que, segundo as queixas da miña nai, adoitaba non pasar moito dos vinte minutos) a nosa casa enchíase toda cos aires da Terra. Unha Terra da que eu non tiña, non podía ter, lembranza ningunha".]]></description>
<lastBuildDate>Tue, 01 Sep 2026 03:40:35 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
