<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: PAIXÓNS PRIVADAS]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/paixons-privadas]]></link>
<description><![CDATA[Xosé Ramón Pena volve con estas tres novelas curtas: La vie en rose, Concerto profano e Matar un anxo. Apuntes e chispazos que anunciaban o escritor en entregas anteriores (O reverso do espello en 1984 e Para despois do adeus) alcanzan na presente un control da estructura do relato, un dominio das formas e unha tensión narrativa que son xa mostras evidentes de madurez.Pena afronta tres historias de amor (de distintas maneiras de entender o amor), pero tamén de soidade, de busca, de desacougo existencial. Son personaxes na procura de si mesmos, sometidos a situacións límite, o que permite ó autor introducir o bisturí do cirurxián para descubrimos os recantos e os claro-escuros das súas vidas.Retallos de vida, fogaradas luminosas nun instante, sorpresa, suspense, a charada necesaria para seducir ó lector.O mundo literario de Xosé Ramón Pena non se conforma cos territorios xeográficos do propio país senón que entende que a visión do escritor galego (e as súas posibles capacidades) están máis alá de nós mesmos e enriquécese noutros espacios, nas xeografías do magnate americano que descubre serodiamente a súa aventura persoal, por exemplo, (afrontado a unha situación límite: a viaxe e a morte), a loita interior do artista homosexual na Centroeuropa da Grande Guerra ou a tensión urbana dun crime do noso tempo, rodeado dunha atmósfera intensa, absurda e sorprendente.]]></description>
<lastBuildDate>Tue, 01 Sep 2026 03:08:33 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
