<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: A LITERATURA GALEGA DURANTE A GUERRA CIVIL (1936-1939)]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/a-literatura-galega-durante-a-guerra-civil-%281936-1939%29]]></link>
<description><![CDATA[A literatura galega durante a guerra civil (1936-1939) é resultado dunha longa e dificultosa investigación efectuada por Claudio Rodríguez Fer nos máis diversos arquivos particulares, históricos e militares galegos e foráneos -dende Lugo a Moscova ou dende Salamanca a La Habana- para detectar canto se escribiu en Galicia, na zona republicana, na emigración e no exilio no tempo da contenda. Pretendeuse, pois, descubrir e rescatar o material esquecido, disperso ou inédito do período en cuestión, tan descoñecido como interesante e, ás veces, sorprendente, dende os puntos de vista histórico, literario e sociolingüístico.Tras examinarse con detalle a producción en galego de orientación galeguista, pero tamén fascista e tradicionalista, liberal e conservadora, comunista e anarquista, inclúense en apéndice pasaxes bélicas particularmente importantes por estar referidas a autores fundamentais na cultura galega, como Antón Noriega Varela, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo ou Alvaro Cunqueiro, na zona sublevada; e Ramón Cabanillas, Castelao, Rafael Dieste ou Ricardo Carballo Calero, na zona gubernamental.]]></description>
<lastBuildDate>Tue, 01 Sep 2026 16:47:37 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
