<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: A ESPREITA NA PENUMBRA]]></title>
<link><![CDATA[https://www.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/a-espreita-na-penumbra]]></link>
<description><![CDATA[Marc e a súa familia viven felices nunha bonita urbanización, pero un día un estraño suceso acaba facendo abalar toda esa harmonía: no armario do cuarto dos seus pais unha arrepiante voz, procedente do pasado, fai a súa aparición. Para fuxir dos malos agoiros que ese estraño fenómeno anuncia para todos, deciden marchar a París nunha viaxe de lecer. Así se desencadea a traxedia máis estarrecedora que poida afectar a un ser humano. <br />Xogando cunha chea de paralelismos entre a ficción literaria e a mellor tradición do cinema de misterio e suspense, a autora artella unha historia que nos mantén pendentes da intriga, con ben dosificadas doses de angustia, ata o final da novela. <br />As ilustracións de Meixide acentúan ese parentesco cinematográfico e materializan ambientes que figuran entre o real e o imaxinario. <br />]]></description>
<lastBuildDate>Tue, 01 Sep 2026 00:34:51 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
